True Mountains


the-mountains-400x250-nordestazo-rock-2016

A sesión vermú do Nordestazo Rock 2016 contará con True Mountains

True Mountains nace a mediados do 2013 como un proxecto no que poder plasmar a garra e a actitude do punk rock con dous instrumentos acústicos. Esta banda formada por Iván Perez, voz cantante e guitarra, coñecido no mundo do hardcore e o punk por Twenty Fighters e Back to 1984 entre outros proxectos, e Nacho Martín, contrabaixista de varios grupos da cidade como May-Thai e Los Torino Rockets ou Back to 1984, editaron en 2104 , o seu primeiro LP titulado ¨Freethinkers¨ no que 8 temas de punk rock con cheiro a country-folk conseguen romper a teoria de que para tocar punk rock hai que poñer o volume dos amplis a 11.

En 2015 gravan un EP chamado ¨POSITIVE¨ con dúas cancións en formato trío e en eléctrico, e unha canción en acústico para o programa infantil de TVG Xabarín Club.

Actualmente atópanse preparando os temas do seu segundo disco, que entrarán a gravar no mes de Novembro, mentres tanto seguen presentando o seu disco, esta tempada poderalos ver entre outros escenarios na Sala La Riviera (Madrid), Sala Hell Dorado (Vitoria, País Vasco), e Resurrection Fest.