Sesión Vermú Nordestazo


sesion-vermu-nordestazo-malpicaThe Phantom Dragsters, True Mountains e Serj encargaranse da Sesión Vermú do Nordestazo 2016

Dende as 14:30 horas o Paseo Marítimo de Malpica acollerá os directos destas tres bandas, que se encargarán de quecer motores para a festa.

Unha noite chea de rock… que empezará dende mediodía. O Nordestazo 2016 retoma a proposta de Sesión Vermú xa iniciada no 2015 coas actuacións de The Phantom Dragsters, True Mountains e Serj, encargados de converter o Paseo Marítimo de Malpica nunha auténtica festa dende as 14:30 horas cos seus directos refrescantes e rockeiros.

The Phantom Dragsters é u trio inspirado non sons instrumentais que popularizaron Dick Dale ou The Ventures nos anos 60 e que axitaron por entón a milleiros de mozos da costa californiana. Trala edición do seu primeiro disco, en abril deste ano presentaron unha segunda gravación, un EP de catro cancións que transitan polo surf clásico cun toque moi persoal.

True Mountains nace a mediados de 2013 como proxecto no que poder plasmar a garra e actitude puck rock de dous grandes instrumentistas acústicos. En 2014 editaban o seu primeiro LP, titulado “Freethinkers”, no que viven 8 temas punk rock con olor a country folk. Actualmente atópanse preparando os temas do seu segundo disco, que entrarán a gravar no mes de novembro, mentres seguen presentando o seu disco.

Serj é a derradeira incorporación á sesión vermú do Nordestazo, tras ser un dos dous grupos gañadores do concurso de bandas organizado por el estudio de grabación Mans.

O Nordestazo 2016 celebrarase o vindeiro 30 de xullo en Malpica de Bergantiños, repetindo o emprazamento do ano anterior, e ofertará, ademais dunha intensa xornada de música, actividades alternativas de todo tipo.