Diplomáticos de Monte Alto


diplomaticos-de-monte-alto-nordestazo-rock-2016Nordestazo Rock tiña unha débeda histórica con esta banda coruñesa, que nesta edición de 2016 vai cumplir, por fin Os Diplomáticos de Monte Alto subirán ao escenario de Malpica.

Hai 25 anos dicían que o galego non valía para o rock&roll, que na Coruña ninguén falaba galego e que a cultura emerxía no eido universitario -intelectual.

Entón, apareceron uns rapaces de Monte Alto para contradicir estes axiomas e romper cos tópicos que separaban o rural do urbano e o galego do futuro.

Logo dun cuarto de século, aquí seguen Os Diplomáticos de Monte Alto bourando co seu Rock Bravú, un son proprio e único marcado polo uso do acordeón como instrumento principal e mesturado con ska, punk, corridos e rancheras e o arrecendo das festas populares galegas.

Guni, Mangüi, Pulpiño Viascón, Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo