Nordestazo Rock 2009 1


O 18 de xullo de 2009 arrancou a primeira aventura rock en Bergantiños. Un festival de música en Galicia ao lado da Costa da Morte cun equipo entusiasmado e con moitas gañas de traballar.

Esta primeira edición foi con entrada gratuita no peirao de Malpica cun cartel de luxo: Sonotones, rockeiros madrileños que destacan por letras mordaces e guitarras potentes; Os Tres Trebóns, un grupo galego que crea sensación co seu folk; Los Justicieros, música rock que animou a festa e Ulträqäns, unha banda de punk-folk coruñesa que reúne a ex d´Os Diplomáticos de Monte Alto e Ruxe Ruxe.


Leave a comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

One thought on “Nordestazo Rock 2009