Los Labios


los-labiosLos Labios son sen dúbida una das bandas de rock & roll con maior proxección para saír das nosas fronteiras. Cunha mestura de groove, hard blues, punk-rock, e coa mestizaxe indispensable para que xurda rock & roll con identidade propia, esta banda hispano-británica cativou nun dos seus concertos do 2016 a Lenny Kravitz, quen sen dubidalo abriulles as portas do seu estudo privado nas Bahamas para que gravasen o que é o seu primeiro longa duración. O álbum, que se publica este próximo venres 10 de marzo, responderá o título de “Birthday”, e está gravado e producido por Craig Ross (Mick Jagger, The Black Crowes, Eric Clapton…), guitarrista principal e man dereita de Kravitz, ademais de co-autor de moitos dos seus grandes éxitos, como “Are You Gonna Go My Way” , “Is There Any Love in your Heart” ou “Stillness of Heart”, entre outros.

Previamente, promocionando o seu auto-editado primeiro EP, Los Labios xa habían percorrido gran parte da xeografía española en repetidas ocasións triunfando coas súas arrasadores shows, mentres continuaban conquistando paralelamente o territorio americano grazas a dous intensos tours que incluíron destinos como México, Colombia, Bahamas, Texas, Florida e California, nos que incendiaron o pasado maio escenarios tan emblemáticos como o da mítica sala de concertos Whisky A Go Go dos Angeles, de onde saíron triunfadoras bandas como Led Zeppelin, The Who, The Doors, Ramones, Oasis ou Guns’n’Roses, entre moitísimas outras.

Xa de volta en España e tras a gran acollida alén do Atlántico, Los Labios foron galardoados con distintos premios ao seu directo e como banda revelación, e foron pre- seleccionados para os Premios Goya 2017 na categoría de “Mellor Canción Orixinal” por “Birthday”, tema principal da banda sonora da película “Maldita Venganza”.
Antes da publicación do seu novo disco adiantouse un primeiro single, “You Look Like You Need A Man”. Oxalá que este álbum de debut estableza a Los Labios como unha gran promesa do rock internacional. Porque fan falta, moita falta, bandas como eles.