Bastards


bastards-nordestazo-rock-2016Bastards actuará no Nordestazo Rock 2016

O grupo, antigamente coñecidos como Bastards on Parade, é unha banda de punk rock formada en 2007 na Coruña, Galicia, coa idea de mesturar as súas raíces celtas co seu estilo punk rock e OI!, todo iso aderezado con letras de temática festiva, a súa visión do mundo e a cultura tradicional galega.
A banda publicou ata a data catro EPs e dous longos, en diferentes selos como Wolverine Records (Alemaña), Carnage (Francia) ou Uncle Owen (Xapón), sendo todos moi ben acollidos pola prensa especializada internacional e terminando sempre nos primeiros postos dos mellores discos do ano de celtic punk en prestixiosas publicacións en USA.
Co seu enérxico directo percorreron o longo e ancho de Europa en innumerables xiras, incluíndo unha exitosa xira conxunta coas lendas do punk británico GBH e a súa participación en festivais da talla do Rebellion Festival (UK), o Berlin Folk Punk Rock Festival ou o Resurrection Fest en tres ocasións.
En 2015 prodúcese unha volta á súa faceta favorita musicalmente falando, o que significa máis punk rock e máis OI! nas composicións, un nome máis curto e potente, así como a participación dos artistas Tokyo Hiro de California e Pérez desde Viveiro, nos deseños da banda.