Banda Crebinsky


banda-crebisnkyBanda Crebinsky é unha “pequena” orquestra popular xurdida dun universo imaxinario, fuxida do filme galego Crebinsky. As súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, corren ás rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con gran enerxía. Unha historia ben interesante. Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificultades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como “composicións eclécticas-delirantes próximas á world music” ou ben “música popular dun país inexistente” que nos aproximaría algo á realidade.

Da súa escoita reflexiva evidénciase un traballo musical de gran calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Con todo, é case imposible escoitar todo o seu espectáculo de maneira reflexiva, pois a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky convida á festa sen palitivos.

Os integrantes da Banda Crebinsky teñen unha ampla bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das súas experiencias e estilos persoais, desde o klezmer ou o folk ao jazz, rock, musica clásica ou experimental.

No 2010, sacan o seu primeiro disco titulado “Banda Crebinsky”, cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez Sanmamed da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero.

En marzo do 2012 sae á venda o seu segundo disco “Jet Lag”, no que a Banda aposta por un son máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos, franxas horarias, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose. Gravan o videoclip de “Un piatto” dirixido por Enrique Otero para o Festival de Cinema de Cans.

Concertos, festivais e premios, completan a traxectoria musical de Banda Crebinsky.