Arizona Baby


arizona-babyArizona Baby marcaron un antes e un despois na música española. Co seu indeleble selo de marca: austeridade sonora e filosofía básica, inauguraron en España o neofolk acústico, a imaxe barbuda (xusto tras eles apareceron as barbas no pop nacional) e deron un revolcón ao indie-rock patrio co seu fulminante despegamento (Grupo Revelación 2010).

Desde entón non pararon. Varios premios mais, recoñecementos críticos e xiras maratónicas. En España e fóra. Arizona Baby levou a súa música a unha chea de países: Grecia, USA, Reino Unido, Hungría, Alemaña, México… Ata a Albania. Iso sen contar a súa aventura conxunta Los Coronas, primeiro como Dos Bandas y Un Destino e logo xa como grupo compacto, os espectaculares CORIZONAS.

E así chegamos ao seu verdadeiro ano de graza, 2015. Meses onde os seus concertos levan o Sold-out impreso en salas e arrasan en festivais grazas ao seu fantástico novo album, Secret Fires.

Con el, Arizona Baby sáltase o guión previsto desmarcándose das súas coordenadas e deixándonos aí, remirando a súa foto fixa mentres eles descólganse cara ao futuro. Secret Fires é unha auténtica Obra Mestra, cativadora, diferente. En todo: inspiración, arranxos e cancións. O seu Rubicón particular entre onte e mañá. Pero sobre todo, un álbum inmenso. Emocionalmente enorme. A badalada definitiva dunha banda en estado de graza.

Candidato unánime para moitos medios a Disco nacional do ano.Un disco que, coa súa formación mais salvaxe e engrasada que nunca, Arizona Baby está a levar de xira polos mais grandes festivais nacionais (BBK Live, Arenal Sound, Sonorama, Low, Port America, etc, etc..) e esperan presentar de novo en México e outros paises hispanos.