Agoraphobia


agoraphobia-nordestazo-rock-2016Agoraphobia chega ao Nordestazo Rock 2016 con moita forza. Tan só un ano e medio dende o lanzamento do seu EP debut “Dirty little things”, esta nova banda de indie rock publica “Ready to Play”, preparada para dar o gran salto á escena internacional. Gravado e autoproducido integramente nos estudos Nakra (A Coruña), Agoraphobia perfila un son moito máis persoal e maduro que as sitúan como sólidas candidatas a facerse un oco no panorama musical nacional. Contundencia e distorsión son o nexo entre cinco temas directos e homoxéneos, fieis ao seu principio de narrar historias e crear universos sonoros paralelos que conflúen nun único obxectivo: facer bailar á xente.

O seu background é o seu mellor aval. Gañar o Vodafoneyu Music Talent no ano 2013 foi o comezo da súa meteórica carreira. No 2014, viraron por por toda España con artistas como Delorean, Lory Meyers, The Zombie Kids ou Russian Red. O 2015 levounas ao South by Southwest (SXSW) Texas, a feira musical onde se dan cita as bandas noveis máis relevantes de todo o mundo. Alí cultivaron un éxito moi por encima das expectativas iniciais abrindo camiño para novas oportunidades noutros países. Agoraphobia puxo o broche de ouro ao seu debut cun verán infestado de concertos entre os que caben destacar citas no Portamérica ou o Shikillo Festival ou o Festival da Luz.

Con “Ready to Play” conseguiron o respaldo dos seus seguidores. O masivo apoio ao crowdfunding iniciado polo grupo en Verkami, non só supuxo a viabilidade económica do seu proxecto senón tamén a imprescindible inxección de adrenalina necesaria para afrontar o tan definitorio segundo traballo discográfico. Grazas a este segundo EP, percorrerán toda a península despois de ser seleccionadas no prestixioso circuíto “Virando por salas” na súa sexta edición. Cidades como Madrid, Palencia, Bilbao ou Burgos, serán testemuñas do seu esmagador directo, que se converteu no seu aceno de identidade por excelencia.

Cunha base altamente explosiva, a presión sobre o escenario é o mellor colchón para unhas guitarras poderosas e contundentes. Entre elas, se fai oco a personalísima voz de Susana, cun carácter irresistible que seduce á audiencia máis esixente.